lunes, 25 de julio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Cociña para Mozxs no Centro Cívico de Monelos

Durante o mes de xullo e parte de agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo tres Obradoiros Semanais de Cociña Básica para mozas e mozos.

Son cinco sesións para cada grupo de idade, dende os 12 ata os 30 anos, nas que as e os participantes aprenden o básico para cociñar de maneira autónoma. E de paso descubren pratos e receitas un pouco máis específicas e diferentes, co obxectivo de que cociñar sexa algo divertido para elas e eles.

Trátase de ofrecer unha capacitación das máis básicas, e ao mesmo tempo traballar no eido da igualdade de xénero, fuxindo de estereotipos e roles machistas, así como na boa alimentación e nutrición.

Estas actividades están enmarcadas dentro do Programa de Ocio Saudable que o Concello da Coruña, a través de Servizos Sociais, leva a cabo nos centros cívicos.

Os obradoiros de cociña son unha magnífica oportunidade didáctica para mozas/os e para nenas/os. Se queres coñecer a nosa Proposta de Obradoiros de Cociña non dubides en chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


domingo, 24 de julio de 2016

DINAMO organiza os Campamentos das Casas Museo da Coruña

Durante todo o verán, dende a última semana de xuño e ata que remate agosto estánse a desenvolver Campamentos Urbanos nas Casas Museo da Coruña, levados a cabo pola equipa profesional de DINAMO.

Realízanse nas tres Casas Museo (Casa Picasso, Casa María Pita e Casa Casares Quiroga) e en diferentes quendas de aproximadamente dúas semanas.

Nestes campamentos levanse a cabo actividades lúdicas e artísticas para dar a coñecer figuras coruñesas tan insignes como María Pita, Santiago Casares Quiroga ou o neno Picasso, dinamizar os espazos museísticos e fomentar o espíritu e a capacidade crítica entre as nenas e nenos.

Dende DINAMO levamos a cabo moitas actividades campamentais de diferente tipoloxía: urbanos, con pernocta, pequeno formato...

Se queres recibir a nosa Proposta de Actividades Campamentais podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com





viernes, 22 de julio de 2016

DINAMO participou no Ribadeo Diversx con varias actividades

O pasado 14 de xullo a equipa escénica de DINAMO levou a cabo dúas actividades no Parque de San Francisco da vila ribadense. En primeiro lugar representouse o espectáculo "E ti cantas nais tes?" no que se fala de diferentes modelos da familia, e sobre todo das que acollen a realidade LGTBQI.

Despois levouse a cabo un Obradoiro Artístico sobre as diferentes opcións e dereitos persoais en canto a diversidade sexual.

Ambas actividades estaban enmarcadas no Programa Ribadeo Diversx que durante o mes de xullo programou unha manchea de actividades.

Dende DINAMO levamos a cabo actividades en torno á igualdade de xénero, educación afectivo-sexual e á defensa dos dereitos persoais. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


jueves, 21 de julio de 2016

DINAMO desenvolveu un Curso de Habilidades Sociais para o Voluntariado Xuvenil de Cambre

No pasado mes de xuño a equipa profesional de DINAMO impartiu un Cursiño de Habilidades Sociais e de Traballo cara o Público con voluntarias/os xuvenís de Cambre.

O obxectivo primordial do curso foi o de dotar ás mozas e mozos dunha serie de capacidades para desenvolver a súa labor da maneira máis óptima, cun trato ás persoas cordial e correcto.

Traballáronse os diferentes mecanismos de comunicación, a comunicación non verbal, a escoita activa, a asertividade, a empatía, o autoconcepto e a autoestima, os dereitos persoais, a retroalimentación, a resolución de conflitos...

Desta maneira as mozas e mozos despois da formación xa estiveron preparadas para colaborar na despensa de alimentos, na horta municipal, na atención a nenas/os con discapacidade nos campamentos do Concello, nas actividades do PIX do Temple... 

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de accións formativas e didácticas. Se queres recibir máis información chama ó 619.345.100 ou escribe a dinamo@dinamoxestion.com


miércoles, 20 de julio de 2016

DINAMO organiza Obradoiros de Maxia nos Centros Cívicos da Coruña

Durante os meses de xullo e agosto a equipa profesional de DINAMO leva a cabo Obradoiros de Iniciación á Maxia para mozas e mozos.

Nestes obradoiros as e os participantes aprenden técnicas e xogos básicos de maxia con cartas, moedas, dados e obxectos cotiás, do día a día. Practican a modalidade de maxia de cerca.

Os centros escollidos para o desenvolvemento destas actividades son o Centro Cívico de Monte Alto e o Centro Cívico dos Mallos. Estas propostas enmárcanse no Programa de Ocio Saudable para Mozas e Mozos do Concello da Coruña. 

Dende DINAMO ofrecemos un amplo programa de actividades para a mocidade. Se queres recibir a nosa proposta non dubides en poñerte en contacto con nós no 619.345.100 ou en dinamo@dinamoxestion.com


martes, 19 de julio de 2016

DINAMO organizou a Noite Branca de Culleredo 2016

O pasado venres 15 de xullo a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades da Noite Branca de Culleredo, concretamente na Zona Comercial do Burgo.

Durante todo o día desenvolvéronse unha manchea de actividades e propostas para todas as idades.

Pola tarde as actividades tiveron lugar na Praza Europa: hinchables, obradoiros, photocall, xogos populares, festa infantil, lip dub, flash mob... E á noite a actividade trasladouse ás ruas peonís do Burgo con propostas como: speaker, postos de flocos de millo, concerto de Robert Pier e de Los Mecánicos, animación teatral...

Ademáis organizouse unha Happy Hour onde participaron moitos dos establecementos comerciais. Neste caso a decoración e ambientación dos postos tamén foi labor de DINAMO.





lunes, 11 de julio de 2016

DINAMO levou a cabo, un ano máis, o Programa de Envellemento Activo de Cabanas

Un ano máis a equipa profesional de DINAMO retomou o Programa de Envellecemento Activo de Cabanas, no que se realizan actividades de carácter físico e intelectual para poñer en forma o corpo e a mente: ximnasia de mantemento, obradoiros de memoria e habilidades mentais...

Pero este ano introducimos outro tipo de actividades como obradoiro de contacontos, saídas culturas, obradoiros de historia local e xeral... 

A pretensión principal deste programa é a de ofrecer actividades motivadoras, novidosas e atractivas para as e os maiores de Cabanas, para que desta maneira poidan prolongar a súa vida autónoma, gozando de boa saúde e mantendo inquedanzas culturais e intelectuais.