O pasado 15 de agosto a equipa profesional de DINAMO organizou unh Xincana Ambiental para nenas e nenos, dentro da Programación de Festas de María Pita, máis concretamente nas celebracións no barrio da Gaiteira.
A xincana estivo conformada por una serie de probas lúdicas todas elas vencelladas coa preservación da natureza, o consumo responsable e ecolóxico, a reducción de residuos (e a súas reciclaxe), o aforro de recursos naturais…
Foron nove probas de acceso libre para todas as nenas e nenos que quixeran e en canda proba aprenderon cousas interesantes sobre a contorna mais cercana e
sobre todo sensibilizáronse na idea de procurar un mundo mellor e máis sostible.
Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de actividades e servizos de Educación Ambiental. Se queres recibir as nosas propostas podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
Mostrando entradas con la etiqueta xincana ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xincana ambiental. Mostrar todas las entradas
domingo, 18 de agosto de 2019
lunes, 25 de junio de 2012
DINAMO participou na Semana Cultural do IES Fragas do Eume
A pasada semana a equipa profesional de DINAMO levou a cabo
diferentes actividades dentro da Semana Cultural do IES Fragas do Eume, dentro
do Programa de Intervención coa Mocidade “Saída 21” impulsado polo Concello de
Cabanas e Pontedeume.
O mércores 20 e o xoves 21 as mozas e mozos participaron en actividades como “Gravación de Curtas co Móbil”, “Xincana Ambiental no Piñeiral de Cabanas”, “Xogos Populares”, “Obradoiro de Ligue” …
Son actividades demandadas pola propia mocidade, a través do Programa de Intervención coa Mocidade “Saída 21” que organiza actividades durante todo o curso escolar e tamén durante os períodos vacacionais. De feito xa se están preparando as actividades dos meses de verán, das que daremos conta neste blogue.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)