Mostrando entradas con la etiqueta mercado da colleita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mercado da colleita. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de agosto de 2017

DINAMO levou a cabo a Dinamización da Campaña dos Ecovasos na Romaría de Santa Margarida

Os pasados 26 e 27 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo a dinamización da Campaña dos Ecovasos na Romaría de Santa Margarida, así como xa o tivera realizado no Mercado da Colleita, peche do Festival Noreoeste Pop-Rock.

A acción consiste no reparto dos ecovasos para concienciar á cidadanía sobre o consumo masivo de plástico e a xeración excesiva de residuos. As monitoras/es da campaña venderon os ecovasos ó prezo simbólico dun euro. O ecovaso poden quedar con el ou devolvelo e recuperan o euro invertido. 

Os vasos devoltos hixienizanse  e desinfectanse e volven ser utilizados. Por outra bando os cartos recadados invirtense en accións de Educación Ambiental.

Con esta acción evítase que con cada consumición se malgaste un vaso de plástico e sobre todo aumente a concienciación da cidadanía sobre o problema dos residuos e a necesaria reducción dos mesmos.

Estas accións son promovidas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que loita pola eliminación e redución dos residuos en moitos eidos, como neste caso, o das Festas de María Pita.