Mostrando entradas con la etiqueta cabalgata de reis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabalgata de reis. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de enero de 2020

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Festa de Reis de Fisterra

O pasado 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO levou a Caravana dos Xogos Populares á Festa dos Reis Magos que organizou Culturactiva para o Concello de Fisterra.

A equipa de DINAMO instalou máis de 30 módulos con xogos populares e tradicionais para que as cativas/os e non tan cativas/os poidesen participat libremente,

Ademáis dende DINAMO tamén nos ocupamos da instalación dos tres tronos reais e da correspondente decoración para que a recepción real fose do máis visual e colorista.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos de Nadal, Reis Magos... ou calquera outra efeméride lúdica e/ou didáctica.


domingo, 3 de febrero de 2019

DINAMO organizou a Festa de Reis de Fisterra

O pasado 5 de Xaneiro, a equipa profesional de DINAMO organizou unha gran Festa de Animación Infantil para darlle a benvida ós Reis Magos de Oriente. Unha festa onde se mesturaron os xogos populares, cos bailes, xogos e coreografías, coa maquillaxe infantil e coa globoflexia, dando lugar a unha tarde máxica que tivo como colofón a visita dos Reis Magos.

Ademais dende DINAMO temán nos encargamos dos tronos dos Reis Magos, para que non faltase detalle nunha xornada tan importante como esa. 





DINAMO xestionou o Monitorado das Cabalgatas de Reis de Cambre

O pasado 5 de Xaneiro o Concello de Cambre desenvolveu dúas cabalgatas de Reis por diferentes localización do seu termo municipal.

Dende DINAMO encargámonos de xestionar o monitorado das carrozas que velou pola seguridade entretemento das máis cativas/os e tamén de parte da figuración artística.

A equipa profesional de DINAMO está especializada na organización e execución deste tipo de eventos lúdicos, tanto na parte educativa como na súa vertente artística. 



jueves, 12 de enero de 2017

O Apalpador de DINAMO participou na Cabalgata de Reis de Cambre

O pasado 5 de xaneiro, o Apalpador participou na Cabalgata dos Reis Magos de Cambre, desfilando na carroza do Bosque Animado, como non podía ser doutra maneira.

Repartiu caramelos a todas as cativas e cativos de Cambre, pois castañas xa non lle quedaban e fixo moi boas migas coas Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

Foi esta, a última actividade na que participou o Apalpador de DINAM, que despois dun Nadal cheo de actos e de visitas, decidiu regresar ó Courel.

En DINAMO somos expertos en actividades de animación infantil, caracterización de personaxes, acción de rúa... se precisades dalgún destes servizos podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion,com


viernes, 6 de enero de 2017

DINAMO xestionou o Monitorado da Cabalgata de Reis da Coruña

O pasado 5 de Xaneiro a equipa profesional de DINAMO encargouse do monitorado da Cabalgata de Reis da Coruña, por unha banda recibindo a todos os figurantes infantís e xuvenís de todas as carrozas e velando pola súa seguridade no percorrido da Cabalgata. E por outro lado unha boa parte das monitoras/es foron ao lado de cada carroza, tren ou elementos rodados para previr calquera accidente (ao ser unha cabalgata aberta, sen vallar, este aspecto foi de vital importania).

Foron 13 carrozas, 4 trens, tres séquito a pé, 498 figurantes, e máis de 60 monitoras/es. E o máis importante 0 incidencias

Dede DINAMO organizamos tdo tipo de actvidades de Nadal, dende pequenos obradoiros e festas ata grandes eventos como o do 5 de Xaneiro.
.