martes, 10 de mayo de 2011

A mocidade coruñesa vai de ANDARELA

O pasado sábado, 7 de maio, unas 30 mozas e mozos da cidade da Coruña foron de camiñada participando na actividade "Andarela", organizada pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e coordinada pola equipa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Desta volta a Andarela foi ó Monte Pindo e ás terras de Carnota. As e os participantes subiron ó Alto da Moa e gozaron do contacto coa natureza, da fermosura dos penedos e das impresionantes panorámicas que se divisan dende o outeiro.

A actividade de "Andarela" enmárcase dentro do Programa de Lecer Noitenova, polo que haberá que esperar ata unha nova edición para celebrar outras "andarelas".




No hay comentarios:

Publicar un comentario