martes, 3 de mayo de 2011

DINAMO participa nas actividades de “O galego medra contigo”

A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza para este mes de Maio un amplo programa de actividades de promoción da lingua galega para as cativas e cativos de cidade.

Trátase de obradoiros lúdicos musicais guiados por ITH un mariñeiro irlandés que visita Galicia para animar ás nenas e nenos a usar a lingua propia.  Nos obradoiros tamén hai miniconcertos e actividades guiadas polos músicos Pablo Díaz, Olga Kirk e Alex Fente.

Algunhas das citas son as seguintes:

Venres 6, 18:00. Asociación Cultural Manicómicos.
Sábado 7, 12:00. Centro Cívico de Labañou.
Sábado 7, 18:00. Centro Cívico de Monelos.
Xoves 12, 18:00. Asociación Cultural Xacarandaina.
Venres 13, 18:00. Centro Cívico de Mesoiro.

As actividades son de balde e están destinadas para nenas e nenos de 5 a 10 anos.

Dende DINAMO amosamos un firme compromiso coa promoción e fomento do uso da lingua galega, e e esta é unha das actividades das moitas nas que participamos neste senso.

*Nas imaxes do fondo podes consultar o programa completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario