viernes, 6 de mayo de 2011

As cativas/os de Novo Mesoiro participaron en “Silencio na Sala” unha actividade dinamizada pola equipa de DINAMO

O pasado xoves, 5 de maio, unha treintena de nenas/os veciñas e vecinos de Novo Mesoiro participaron nunha nova actividade da área de Participación Cidadá do Concello da Coruña.

A actividade denominouse “Silencio na Sala” pois mesturou a apariencia dun xuizo (humorísticamente)  e unha manchea de propostas lúdicas, co obxectivo de que as nenas e nenos debatisen aspectos importantes para a súa convivencia no barrio. 

A pretensión máxima é a de que as pequenas e pequenos se acostumen a participar e a tomar parte das decisións importantes na súa comunidade, como neste caso é o barrio de Novo Mesoiro.

Falaron, debatiron, consensuaron, pero sobre todo xogaron, riron, cantaron … en definitiva pasaron unha tarde do máis divertida aprendendo a ser as e os cidadáns do futuro.

A actividade foi guiada pola equipa educativa de DINAMO, a cal ten xestionado múltiples programas de participación cidadá.




No hay comentarios:

Publicar un comentario