sábado, 7 de diciembre de 2019

DINAMO organizou diferentes actividades de igualdade no Concello de Moeche

A equipa profesional de DINAMO levou a cabo varias actividades en torno á igualdade de xénero no concello de Moeche.

Por una banda realizamos o contacontos "Non Máis Princesas" a cargo de Pedro Brandariz, onde se traballa na eliminación de estereotipos e roles machistas. E por outra levouse a cabo unha "Xincana pola Igualdade" na que participaron todas as cativas e cativos do CEIP San Ramón de Moeche, una xincana temática na que as e os participantes tiveron que superar una serie de probas, preguntas, xogos… arredor da corresponsabilidade no fogar, acerca da detección de discriminacións, micromachismos... 


DINAMO organizou un Lip Dub e un Obradoiro de Hip Hop no IES Marqués de Sargadelos

O pasado 10 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou dúas actividades no IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao, Cervo) con motivo da celebración do seu 25 aniversario. 

Por una banda organizouse a grabación dun lip-dub musical e festivo que contou con monitorado especializado, así como persoal técnico de grabación. E por outro lado realizouse un Obradoiro de Hip-Hop en Galego, tamén con monitorado especializado e rapeiras/os profesionais. 

Na primeira parte fixeron una introducción á cultura do rap, para despois comezar a crear as súas propias rimas, para despois poñelas en común, rematando cunha fase de improvisación "freestyle".




DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares a Muras

O pasado 18 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó concello lucense de Muras, que organizou una tarde de cine con merenda e xogos populares incluídos.

Foron máis de 30 módulos con xogos populares e tradicionais dinamizados por dous monitores/as e dirixidos para nenas/os e maiores de todas as idades.





martes, 27 de agosto de 2019

DINAMO colaborou co Xente Miúda do Castelo Conta

A pasada semana a equipa profesional de DINAMO colaborou coa iniciativa Castelo Conta, a través das actividades para as máis cativas e cativos que se desenvolveron polas mañás.

De luns a venres 30 nenas e nenos participaron nunha manchea de actividades organizadas polo Castelo Conta e que contaron co apoio de dúas monitoras/es de DINAMO. 

Xogos populaes, obradoiros de cociña, preparación de coreografías, roteiros, grabación de curtas... foron algunhas das actividades que levaron a cabo.

Castelo Conta, un proxecto ben fermoso, protagonizado dende o rural, onde se poden facer cousas ben interesantes.


jueves, 22 de agosto de 2019

DINAMO leva a cabo un Proxecto de Lecer Saudable no Centro Xuvenil Abeiro

Dende o 12 e ata o 30 de agosto a equipa profesional de DINAMO está a desenvolver un proxecto de lecer saudable con usuarias/os do Centro Xuvenil Abeiro, da man da área de Servizos Sociais do Concello da Coruña. 

As mozas e mozos realizan actividades ó aire libre, actividades deportivas, saídas e visitas... todas elas encamiñadas a una xestión autónoma do seu tempo de lecer, creativa, e sobre todo saudable.




domingo, 18 de agosto de 2019

DINAMO organizou unha Xincana Ambiental nas Festas da Gaiteira (A Coruña)

O pasado 15 de agosto a equipa profesional de DINAMO organizou unh Xincana Ambiental para nenas e nenos, dentro da Programación de Festas de María Pita, máis concretamente nas celebracións no barrio da Gaiteira.

A xincana estivo conformada por una serie de probas lúdicas todas elas vencelladas coa preservación da natureza, o consumo responsable e ecolóxico, a reducción de residuos (e a súas reciclaxe), o aforro de recursos naturais…

Foron nove probas de acceso libre para todas as nenas e nenos que quixeran e en canda proba aprenderon cousas interesantes sobre a contorna mais cercana e 
sobre todo sensibilizáronse na idea de procurar un mundo mellor e máis sostible.

Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de actividades e servizos de Educación Ambiental. Se queres recibir as nosas propostas podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


martes, 13 de agosto de 2019

DINAMO organiza Obradoiros de Iniciación a Youtube en diferentes centros cívicos da Coruña

Durantes os meses de xullo e agosto a equipa profesional de DINAMO desenvolveu una serie de obradoiros de "Iniciación a YouTube" para a mocidade nos Centros Cívicos do Concello da Coruña.


Durante varias mañás nos Centros Cívicos de Monelos, Labañou e Monte Alto as e os participantes recibirin información práctica sobre como crear os seus propios vídeos e canles de YouTube, abordando todos os procesos, dende a idea orixial, o guión literario e técnico, a grabación ou rodaxe, a edición e montaxe, así como a xestión dos propios vídeos nunha canle de YouTube, 


Este tipo de actividades están enmarcadas dentro do Programa de Lecer Saudable da área de Servizos Sociais do Concello da Coruña.


Dende DINAMO ofrecemos un amplo catálogo de actividades para a mocidade. Se queres recibir as nosas propostas só tes que escribir a dinamo@dinamoxestion.com ou chamar ó 619.345.100.