Mostrando entradas con la etiqueta rúa do petín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rúa do petín. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de noviembre de 2015

DINAMO celebrou o Samaín na Rúa (do Petín)

O pasado 31 de Outubro a equipa educativa de DINAMO realizou unha Gran Festa de Samaín no Concello da Rúa.

Un bó número de cativas e cativos festexaron o Samaín con xogos, animación musical, maquillaxe infantil, globoflexia... Aprenderon cantigas do Samaín, xogaron coas costumes dos magostos e sobre todo divertíronse con todas as actividades e comendo castañas.

En DINAMO organizamos unha manchea de actividades de Samaín, para todas as idades. Se queres recibir a nosa proposta só tes que chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com