Mostrando entradas con la etiqueta federación de asociacións de vecinos da coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta federación de asociacións de vecinos da coruña. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de enero de 2017

DINAMO organiza un Campamento de Nadal para a Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña

Dende o pasado 26 de decembro e ata o vindeiro 5 de xaneiro, a equipa profesional de DINAMO está a desenvolver un campamento urbano para nenas e nenos de 4 a 12 anos no Centro Veciñas do Birloque (A Coruña), organizado pola Federación de Asociacións de Veciñas/os da Coruña.

Este tipo de campamento suponen una magnífica oportunidade de diversión e aprendizaxes para as cativas e cativos e permiten ou axudan á conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Neste caso as pequenas e pequenos realizan actividades temáticas arredor do Nadal: xogos, dinámicas, obradoiros, xincanas, festas....

Dende DINAMO facemos gran cantidade de campamentos urbanos tanto no Nadal como en outros períodos vacacionais, sobre todo o verán. Se queredes recibir a nosa proposta de campamentos podedes solicitala no 619.345.100 ou escribindo a dinamo@dinamoxestion.com