domingo, 29 de diciembre de 2019

DINAMO organiza o Campamento de Nadal da Federación da Asociación de Veciñas/os da Coruña e da Área Metropolitana

Dende o pasado 23 de decembro a equipa profesional de DINAMO está desenvolvendo un Campamento Temático de Nadal no Birloque, para a Federación da Asociacións de Veciñas e Vecinos da Coruña e da Área Metropolitana.

Durante as mañás lectivas do Nadal de 10:00 a 14:00 un grupiño de 20 nenas e nenos participan nunha manchea de actividades lúdicas e didácticas, dende xogos, xincanas, obradoiros, saídas e excursións, charlas con profesionais...

Este campamento supón ademáis una magnífica oportunidade de conciliación para as familias das cativas e cativos que poden aproveitar esas horas para compatibilizar cuestións laborais ou do día a día.

Dende DINAMO organizamos infinidade de campamentos, ludotecas e espazos de conciliación para moi diferentes entidades por toda Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario