sábado, 28 de diciembre de 2019

DINAMO organiza a Ludoteca da Carpa dos Soños de Boiro

Dende o pasado 23 de decembro a equipa profesional de DINAMO organiza a Ludoteca do espazo navideño denominado "A Carpa dos Soños" en Boiro.

Todas as tardes lectivas ata o 4 de Xaneiro as cativas e cativos poderán participar nunha manchea de actividades lúdicas e vencenlladas co Nadal. Xogos, obradoiros, xincanas, actuacións… son algunhas das actividades que se están levando a cabo.

Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades lúdicas vencelladas co Nadal, así como con outras épocas festivas do ano. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario