martes, 6 de agosto de 2019

DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada

De igual maneira que en edicións anteriores, a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á Feira Modernista de Sada. 

Nesta edición o esforzó e implicación do Concello de Sada viuse reforzado e as monitoras/es e os xogos tradicionais estiveron a disposición da veciñanza toda a fin de semana, venres pola tarde e sábado e domingo todo o día.

A Caravana de Xogos Populares é un proxecto interxeracional que encaixa ás mil perfeccións en todo tipo de eventos de carácter histórico, recreacións, festas, romerías...

Se queres recibir máis información deste servizo podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario