lunes, 5 de agosto de 2019

DINAMO levou a cabo Programas de Igualdade de Xénero en diferentes concellos

A equipa profesional de DINAMO levou a cabo diferentes programacións e actividades en torno á igualdade de xénero e sobre todo no eido da prevención das violencias machistas, en numerosos municipios galegos.

Moitas destas acccións estiveron enmarcadas dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que contemplou una serie de axudas para as entidades municipais levasen a cabo acción de sensibilización en igualdade de xénero para as súas veciñas e vecinos.

Moitos foron os concellos que contaron coa colaboración de DINAMO para deseñar, planificar e executar este tipo de acción socioeducativas. Algúns deles foron: Sanxenxo, Moeche, Pol, Folgoso so Courel, Bóveda, Ponteceso, Ares, Riveira...

Dende DINAMO ofrecemos un servizo integral que axude ás técnicas e técnicos de igualdade na procura de propostas innovadoras e efectivas no eido da prevención das violencias exercidas contra as mulleres.





No hay comentarios:

Publicar un comentario