lunes, 6 de marzo de 2017

DINAMO organizou dúas Festas Infantís de Entroido en Cambre

O pasado luns 27 e martes 28 de febreiro a equipa profesional de DINAMO organizou dúas macrofestas infantís de Entroido no Temple e en Cambre, respectivamente.

As festas tiveron como temática central "o circo" e as súas disciplinas, ambientando e decorando os dous pavillóns onde se realizaron ambas festas.

Un dos elementos centrais foi a animación musical con bailes e coreografías cos éxitos actuáis, pero tamén con cancións galegas de todos os tempos e que lle encantaron ás cativas e cativos. Durante tres horas as dinamizadoras/es non pararon nin un momento pois a afluencia de público infantil foi tanta que se ían renovando.

E por outra banda instalamos doce estacións de xogos circenses: circuitos de equilibrios, hulahops, probas de puntería, labirintos circenses...

As de O Temple e Cambre son das festas máis grandes que cada ano xestionamos dende DINAMO, cunha manchea de actividades para as cativas e cativos.

          

No hay comentarios:

Publicar un comentario