domingo, 8 de enero de 2017

DINAMO organizou a Festa da Nadal Infantil de Coristanco

O pasado 5 de Xaneiro, coincidindo coa noite na que chegan as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, a equipa profesional de DINAMO levou a cabo una gran Festa de Nadal na Casa da Cultura de Coristanco, para todas as cativas e cativos do municipio.

As monitoras e monitores dinamizaron bailes, coreografías, xogos musicais... así como obradoiros de nadal, maquillaxe, globoflexia...

Despois da animación de DINAMO fixeron a súa chegada os Reis Magos e a emoción das máis cativas e cativos desbordouse.

Dende DINAMO levamos a cabo todo tipo de actividades de animación infantil, festas de animación musical, obradoiros...




No hay comentarios:

Publicar un comentario