miércoles, 4 de mayo de 2016

DINAMO leva a Cambre o programa Contos na Lareira

Durante todo o mes de maio desenvolverase no Concello de Cambre o programa "Contos na Lareira" no que se percorren ata trece localizacións diferentes, tanto urbanas como rurais do concello cun programa de actividades centrado nos contos e nos xogos populares.

As actividades teñen unha duración dunha hora. Na primeira parte Pedro Brandariz ou Leticia Miranda interpretan unha serie de contos e na segunda parte as cativas/os e as non tan cativas/os poden participar nos diferentes módulos de xogos populares, que van cambiando día a día, para aumentar desta maneira a participación.

A narración oral céntrase nunha obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016 co Día das Letras Galegas. O texto escollido é o de "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela".

Ademáis dos contos e dos xogos populares tamén hai que salientar a instalación ou recreación que se fai dunha lareira tradicional, co lume, co pote, cos tallos...

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura de Cambre que pretende descentralizar as diferentes actividades culturais. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario