lunes, 15 de febrero de 2016

DINAMO organizou as Festas Infantís de Entroido de Cambre

A equipa de DINAMO organizou as diferentes festas de Entroido do Concello de Cambre. Por una banda organizamos as Festas Infantís do Temple e Cambre, que se realizaron o Luns e Martes de Entroido e que gozaron de moitísima participación.

As festas infantís contaron con animación musical, xogos, bailes e coreografías, así como cunha ampla oferta de xogos populares e tradicionais.

Por outra banda, na Festa de Entroido Xeral, organizada o sábado de Entroido Pequeño, DINAMO participou na presentación e dinamización do evento, a cargo do cómico Pedro Brandariz

Estas foron algunhas das múltiples festas e actividades que DINAMO organizou por toda a xeografía galega.



No hay comentarios:

Publicar un comentario