lunes, 5 de septiembre de 2011

O pasado sábado estreouse en Mera "Unha experiencia relixiosa"


O sábado 4 de setembro  o Grupo de Teatro Portaberta estreou no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) o espectáculo teatral “Unha experiencia relixiosa”, co apoio técnico de DINAMOteatro.

O espectáculo mesturou a partes iguais teatro e danza, compoñendo un produto escénico moi valorado polo público asistente.

Nove actrices e actores foron dirixidos pola equipa escénica de DINAMOteatro, nun espectáculo que analizou a presenza excesiva do mundo eclesiástico na esfera pública, na política e nos medios de comunicación.


A actuación foi a primeira dun Ciclo de Teatro Xuvenil organizado polo Concello de Oleiros que se desenvolverá durante todo o mes de setembro.

O Grupo de Teatro Portaberta xurde dunha actividade continuada no Centro de Lecer co mesmo nome. As actrices e actores recibiron formación en diferentes obradoiros de teatro, clown, expresión corporal, danza … no centro e a posta en escea ven a culminar un proceso creativo de varios meses.





No hay comentarios:

Publicar un comentario