jueves, 29 de octubre de 2015

DINAMO participa no Programa de Lecer Alternativo NOCTURNIA

A equipa profesional de DINAMO participará na nova edición do Programa de Lecer Alternativo "Nocturnia" impulsado polo Concello da Coruña, concretamente pola área de mocidade da Concellería de Participación e Innovación Democrática

As actividades que xestionará e levará a cabo DINAMO son as seguintes:

- Obradoiro de Monólogos. Día 6 de Novembro. 21:00 a 23:00. Centro Ágora.
- Obradoiro de Danzas do Mundo. Día 11 de Decembro. 21:00 a 23:00. Centro Ágora.

Dende DINAMO somos especialistas en actividades para a mocidade. Se queres recibir máis información podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario