lunes, 26 de octubre de 2015

DINAMO organiza Actividades de Samaín en Culleredo

Os vindeiros venres 30 e sábado 31 a equipa profesional de DINAMO levará a cabo unha manchea de actividades para a mocidade no Concello de Culleredo, concretamente ambientadas na temática do Samaín.

O venres 30 será o turno dos Obradoiros de Samaín no Centro Social de Fonteculler: disfraces terroríficos, complementos de Samaín, maquillaxe de efectos, decoración...

E o sábado será a Gran Festa do Samaín, no Pavillón Ría do Burgo, de 20:00 a 23:00, con discoteca temática, animacións, desfiles, concursos, obradoiros, photocall, ambientación temática, cécteles sen, picoteo de Samaín...

Ademáis realizáronse animacións teatrais nos institutos do municipio para dar a coñecer as actividades ás mozas e mozos.

Dende DINAMO somos especialistas nas actividades de animación para festas e eventos de Samaín. Se queredes recibir máis información podedes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com







No hay comentarios:

Publicar un comentario