Nas últimas datas as alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO dos centros de ensino secundario de Oleiros participaron no Programa Educativo “Comida e Saúde”.
Trátase de actividades en torno a un dos piares básicos da Educación para a Saude: a alimentación, sobre todo nun sector de poboación tan importante como a mocidade.
O obxectivo primordial é o de promover hábitos de vida saudable a nivel físico e e emocional, sentando as bases do benestar nas necesidades reais por riba de presións sociais, mediáticas e de mercado.
Dinámicas de grupo, traballo en equipo, xogos, rollplay, estudo de casos, reflexións e debates, consulta de materiais … son algunhas das actividades que se levaron a cabo nas sesións de traballo coas mozas e mozos.
Este ano o programa dividese en dous bloques temáticos:
- Vida saudable: para as alumnas e alumnos de 1ºESO.
- Alimentación e Deporte: para as alumnas e alumnos de 2ºESO
“Comida e Saúde” é tan só un dos múltiples programas educativos que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL desenvolve no Concello de Oleiros dos que periódicamente damos conta neste blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario