As e os participantes aprenderán as nocións básicas de horticultura dunha maneira práctica e divertida. Cada semana teñen dúas horas de actividade, nunha delas realizarán actividades prácticas no aula e na segunda hora traballarán na horta, plantando e coidando diferentes tipos de cultivo, que tamén recollerán e levarán ós seus fogares.
As actividades lévanse a cabo no Centro Cívico de Novo Mesoiro e as actividades prácticas realízanse nas Hortas Municipais que o Concello da Coruña ten no barrio.
As actividades de horta supoñen unha magnífica oportunidade de contacto coa terra e aprendizaxe para cativas/os e maiores. As e os participantes conforman un grupo moi heteroxeneo, pois hai xente que vive no barrio, pero que procede de zonas rurais e quere recuperar o contacto co terra. E tamén hai participantes neofitas/os no tema con moitas gaña de aprender. Esta heteroxeneidade permite un gran intercambio de coñecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario