sábado, 3 de abril de 2021

DINAMO organizou un ciclo de Contacontos pola Igualdade no Concello de Oroso

 Os pasados 24, 25 e 26 de marzo o Concello de Oroso organizou un ciclo de contacontos nos centros de ensino do concello, levando diferentes espectáculos a prol da igualdade, a cargo de Pedro Brandariz.

Os espectáculos escollidos foron "Non Máis Princesas" e Heroes e Heroas", ambos cunha fonda perspectiva de xénero, con historias lúdicas e moi divertidas, encamiñadas á sensibilización na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas.

O 24 de marzo foron tres pases no CEIP Camiño Inglés, o 25 de marzo catro pases nos diferentes CRAs de Oroso, e finalmente o 26 de marzo fixemos 6 pases no CEIP Sigüeiro. Todas as sesións estiveron destinadas ao alumnado de Educación Infantil dos centros.

O número de pases foi tan elevado debido a que se realizou unha sesión por cada grupo-aula, para cumprir os protocolos de hixiene e seguridade esixidos pola actual crise da COVID19.



No hay comentarios:

Publicar un comentario