miércoles, 13 de marzo de 2019

DINAMO organizou unha Xincana pola Igualdade no Concello de Pol para celebrar o 8 de Marzo

O pasado 8 de marzo, a equipa profesional de DINAMO organizou unha serie de xincanas temáticas para as máis cativas/os no Concello de Pol. Foron xinkanas lúdicas con probas específicas que fomentaron a igualdade de xénero, a detección de roles e estereotipos machistas, e sobre todo para previr discriminicións por cuestión de xénero. 

Sempre traballando en positivo, coa idea de equipade social, corresponsabilidade no fogar… as cativas e cativos pasaron unha mañá diferente, aprendendo a respectarse en igualdade.

Dende DINAMO organizamos multitude de actividades e programas educativos vencellados coa igualdade de xénero, dende as máis lúdicas (como neste caso) ata programas educativos máis complexos, por exemplo de todo un curso escolar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario