lunes, 25 de diciembre de 2017

DINAMO encargouse da Animación da 2ª Festa Solidaria do Centro Recreativo e Cultural de Rutis-Vilaboa

O pasado 16 de decembro a equipa profesional de DINAMO encargouse da animación infantil dentro da 2ª Festa Solidaria organizada polo Centro Recreativo e Cultural de Rutis.Vilaboa.

Dentro dun extenso programa de actividades, as nosas monitoras/es organizaron una festa de animación musical con xogos, bailes, coreografías, globoflexia, maquillaxe...

A participación da nosa equipa foi grazas á implicación do Concello de Culleredo, que desta maneira colaborou coa celebración desta cita solidaria. 

Dende DINAMO organizamos todo tipo de eventos de animación e dinamización para moi diferentes entidades.



No hay comentarios:

Publicar un comentario