jueves, 31 de agosto de 2017

DINAMO organizou un Obradoiro de Marmeladas na Feira Rural de San Sadurniño

O pasado sábado 26 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a cabo un Obradoiro de Marmeladas na Feira Rural de San Sadurniño, un evento que ensalza a vida no rural e que cada ano faise máis grande. 

As educadoras/es realizaron un obradoiro de riquísimas marmeladas elaboradas con froitas de tempada que doaron os expositores da propia feira. Desta maneira ensinaron ás máis cativas/os unha das solucións máis sinxelas para conservar a froita e poder cómela todo o ano. 

Ademáis fixeron marmeladas saudables e incidiron na Educación para a Saúde promovendo unha alimentación sá e equilibrada. Ao tempo traballaron na igualdade de xénero, animando a participar neste obradoiro de "cociña" tanto a nenas como a nenos, eliminando desta maneira os roles machistas. 

Os Obradoiros de Cociña son unha das actividades estrela de DINAMO e teñen un gran potencial como ferramenta pedagóxica. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario