martes, 25 de julio de 2017

DINAMO organizou o Gran Feirón de Villa Melania

Oa pasados 8 e 9 de Xullo a equipa profesional de DINAMO organizou o "Gran Feirón de Villa Melania" unha macroxincana de xogos circenses na que as cativas e cativos tiveron que superar unha serie de probas temáticas para conseguir premios.

Durante todo o sábado e o domingo foron innumerables as nenas e nenos (e as súas familias) que pasaron polos xardíns de Villa Melania para xogar, entreterse e divertirse.

Ademáis no propio recinto puxéronse a disposición do público moitos outros elementos lúdicos: xogos populares, photocall circense, ruleta da sorte...

No domingo houbo a maiores dúas actuacións infantís a cargo do cómico Pedro Brandariz.

Dende DINAMO estamos especializados na dinamización de grandes eventos infantís, xincanas, programacións escénicas...


No hay comentarios:

Publicar un comentario