jueves, 19 de marzo de 2015

DINAMO ofrece unha ampla proposta de actividades para as Vacacións de Semana Santa

Hoxe en día as familias demandan oportunidades de conciliación da vida laboral, persoal e familiar, polo cal nos períodos vacacionais, como o de Semana Santa, proliferan as iniciativas que facilitan esta conciliación.

Dende DINAMO ofrecemos todo tipo de actividades de conciliación, pero que ademáis supoñen unha alternativa de ocio para as máis cativas e cativos. Trátase de desenvolver actividades divertidas, interesantes e educativas para que ademáis de ser unha opción de lecer sexa unha experiencia enriquecedora para as e os participantes.

O abano de propostas é moi amplo: campamentos matinais, campamentos urbanos, excursións e saídas, obradoiros, contacontos...

Se queres recibir a nosa proposta de actividades podes pedila en dinamo@dinamoxestion,com ou chamando ó 619.345.100.


No hay comentarios:

Publicar un comentario