jueves, 9 de mayo de 2013

DINAMO participa na Hora do Conto das Bibliotecas de Oleiros


Nos meses de Abril e Maio estase a levar a cabo o Programa "A Hora do Conto" nas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. Este programa é todo un clásico da animación á lectura das bibliotecas oleirenses.

Desta volta a participación de DINAMO veu da man do monologuista, cómico e contacontos Pedro Brandariz que narrou un feixe de historias nas bibliotecas de Santa Cruz e de Lorbé, para un abultado público de cativas, cativos, nais e pais en cada unha das bibliotecas

Na sesión de abril (Biblioteca de Santa Cruz) os contos e historias serviron para conmemorar o Día Internacional do Libro e a Lectura, mentres que a sesión de maio (Biblioteca de Lorbé) foi encamiñada cara o coñecemento da figura de Roberto Vidal Bolaño, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Dende DINAMO contamos cun amplo catálogo de espectáculos para as máis cativas e cativos, así como diferentes contadoras e contadores de historias. Se queres recibir máis información podes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario