martes, 21 de agosto de 2012

DINAMOteatro participou nas Festas de María Pita coa Familia da Pindirico

O pasado domingo 19 de Agosto a compañía DINAMOteatro presentou o seu espectáculo infantil " A Familia do Pindirico" na Praza Pablo Iglesias de A Coruña, dentro da programación das Festas de María Pita.

Dende as 19:00 unhas trescentas persoas presenciaron o espectáculo dirixido a todos os públicos, pero en especial ás máis cativas e cativos.

"A Familia do Pindirico" é un espectáculo de comedia, onde unha familia moi particular decide montar un circo dos de toda a vida. Durante 60 minutos as tres actrices e actores levan a cabo unha serie de skechts cómicos que provocan as gargalladas de todo o público.

DINAMOteatro é unha compañía que naceu no ano 2006, e conta con diferentes montaxes en cartel: Radio Torreiro, Con Sumo Gusto ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario