miércoles, 9 de mayo de 2012

DINAMOteatro levou "Unha de vaqueiros" á Romería de Bréamo en Pontedeume

O pasado martes 8 de maio a compañía DINAMOteatro levou o seu espectáculo itinerante "Unha de Vaqueiros" ás rúas de Pontedeume, co gallo da celebración da Romería Popular de Bréamo. 

Consistiu nun "pasarúas teatral" no que tres actores da compañía interactuaron con todas as persoas que subirón ó Monte Bréamo, sobre todo coa poboación xuvenil. De feito esta acción estivo promovida polo Concello de Pontedeume para concienciar á xente moza en actitudes saudables e respectuosas coa propia contorna natural.

Este proxecto que se leva realizando dende hai varios anos recibe o nome de "Bréamo Limpo" e ten como obxectivo primordial minimizar o impacto ambiental da festa no monte, sobre todo por parte da xuventude.

Esta acción non é algo illado, senón que forma parte da intervención do Concello de Pontedeume e de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais coa mocidade, a través do Programa Planet Club.



1 comentario: