lunes, 26 de marzo de 2012

DINAMO organiza dúas Xornadas de Portas Abertas no Planet Club de Pontedume

Os vindeiros martes 27 e o venres 30 a equipa profesional de DINAMO organiza sendas xornadas de “portas abertas” do proxecto-espazo “Planet Club” no concello de Pontedeume.


“Planet Club” é un proxecto de intervención coa mocidade en materia de prevención de drogodependencias. 

Está promovido polo Concello de Pontedeume e xestionado por DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

O 27 e o 30 de marzo o centro organizará unha manchea de actividades para que as alumnas e alumnos do IES Fragas do Eume coñezan este servizo para a mocidade. As mozas e mozos deste centro achegaranse ó centro en pequenos grupos durante toda a mañá do martes e do venres.

Aínda que a maioría das mozas e mozos da vila eumesa xa participan no Planet Club esta actividade ten como obxectivo dar un novo pulo á participación, sobre todo entre os primeiros cursos do ensino secundario.

As xornadas están organizadas conxuntamente polo Concello de Pontedeume, o Concello de Cabanas, o IES Fragas do Eume e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, dentro do Programa Saída 21.



No hay comentarios:

Publicar un comentario