lunes, 18 de julio de 2011

Planeta Bambalina comeza a súa andadura en Boiro

Dende o pasado 17 de Xullo e ata o 28 do mesmo mes desenvólvese nas instalacións xuvenís de Espiñeira (Boiro) o campamento “Planeta Bambalina”.

O campamento forma parte da programa “Acción d´Verán 11” da Xunta de Galicia e está organizado pola equipa educativa de DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais.

Trátase dun campamento de integración pois das 30 mozas e mozos que participan, 10 delas e deles teñen algún tipo de discapacidade. As idades van dende os 14 ata o 16 anos.

E outra seña de identidade é que o conxunto de actividades englóbase dentro da temática do teatro e as artes escénicas. Deste xeito as mozas e mozos participarán en obradoiros de expresión corporal, de iniciación ó teatro, de clown, de malabares, de elaboración de curtas … disfrutarán de actuacións teatrais e musicais en directo e ademáis levaran a cabo os seus propios espectáculos.

Estas características (integración e artes escénicas) son dúas das principais liñas de traballo da equipa profesional  de DINAMO.

E no vindeiro mes de Agosto levaremos a cabo outro campamento con similares pretensións no Albergue Xuvenil de Gandarío. Neste caso será o “Planeta Natura” onde abordaremos actividades sobre o medio ambiente e a contorna que nos rodea.


No hay comentarios:

Publicar un comentario