lunes, 27 de junio de 2011

DINAMO organiza unha charla sobre o Tabaquismo no Concello de Vilarmaior

O pasado sábado 25 de Xuño celebrouse na Casa da Cultura de Vilarmaior unha charla sobre o Tabaquismo,  referido ás causas, consecuencias e alternativas de tratamento.

A charla foi impartida por Dª Mª Carmen Míguez, Profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Os contidos da disertación xiraron en torno a tres eixos: físico, psíquico e social. E a ponente deixou moi claro que é posible deixar de fumar sen sufrir.

Ademáis esta acción non é unha proposta aillada, senón que forma parte dun proxecto a longo prazo no que participarán todas as veciñas e veciños de Vilarmaior interesadas/os.
No mes de setembro aquelas persoas con problemas de tabaquismo poderán iniciar un tratamento coa psicóloga citada para abandonar a súa adicción. Tal tratamento ten unha duración de seis meses, con sesión semanas durante os dous primeiros meses, e con menor frecuencia nos seguintes.

Esta é unha nova vía de acción de DINAMO Xestión de Actividades Sociculturais SL que día a día innova no sector sociocultural.



No hay comentarios:

Publicar un comentario