martes, 15 de febrero de 2011

DINAMO participa no Espazo Solidario da Coruña coas súas Clownclusións


O Concello da Coruña, a través da Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, organiza o segundo Espazo Solidario, onde se darán a coñecer os diferentes colectivos de acción voluntaria da cidade.

O vindeiro 19 de febreiro, durante todo o día en Palexco (A Coruña), organizaranse unha manchea de actividades: espectáculos, obradoiros, conferencias, charlas, demostracións, …

Dentro da extensa programación teatral é onde DINAMO deixa a súa impronta, a través das Clownclusións dinamizadas por Pedro Brandariz.

O artista cómico elaborará unhas conclusións dos encontros un tanto particulares, dende un punto de vista humorístico.  Brandariz recollerá as principais ideas que vaian emerxendo ao longo do día e con tales contidos preparará un espectáculo cómico semi-improvisado para concluir o Espazo Solidario.

As clownclusións son un recurso moi utilizado para pechar convencións, congresos, xornadas, encontros, … dunha maneira diferente, e sobre todo moi atractivo.

Para máis información podedes chamar ó 981.902.772 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com

www.dinamoxestion.com
http://dinamoxestion.blogspot.com





No hay comentarios:

Publicar un comentario