A equipa profesional de DINAMO organizou una Xincana de Circo para nenas/os e mozas/os en Cambre, o pasado 1 de setembro.
As e os participantes repartíronse en tres grupos rotatorios con tres actividades específicas de malabares (bolas, diábolo e mazas), acrobacias e equilibrios (slakline, circuitos de equilibrios, zancos...)
Ademáis instalamos elementos lúdicos e circenses por todo o Parque da Igrexa: circuitos, colchonetas, photocall...
Dende DINAMO organizamos todo tipo de actividades teatrais, escénicas e circenses. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario