O pasado 26 de agosto a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares ó Festival Folk de Guísamo (Bergondo) con máis de 30 xogos tradicionais que van dende a rá ata o sapo, pasando polos zancos, os aros, a ferradura, o tiralatas, o metediscos, o pescapeixes, o pescabotellas, o virapau, os crebacabezas, os tres en raia, os remedos, as torres de madeira...
Esta macroinstalación de xogos tradicionais é una magnífica oportunidade de ofrecer una actividade interxeracional que gustará a cativas/os e maiores.
Ademáis a "Caravana dos Xogos Populares" encaixa á perfección en romerías, festas e festivais. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario