Dende o pasado mes de maio a equipa profesional xestiona e atende o Centro de Atención a Persoas sen Teito, promovido pola área de Servizos Sociais do Concello da Coruña.
Neste centro as persoas sen fogar poden pasar a noite, así como acceder a alimentos e outros recursos.
Trátase dun centro de baixa esixencia e onde se traballa con integradoras/es sociais para que as condicións de vida das persoas usuarias poidan mellorar.
Sen dúbida un proxecto de carácter social e de compromiso coa cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario