Dende DINAMO decidimos celebrar as Letras Galegas deste 2017 creando un espectáculo de narración oral baseado nos libriños de Toribio, escritos polo autor homenaxeado este ano: Carlos Casares.
Deseñamos una montaxe para público infantil cun fío conductor que unía os cinco libriños dunha maneira divertida e sobre todo moi visual.
Tendo en conta, que o tal Toribio era un gran inventor creamos uha escenografía ad hoc con todo luxo de detalles que marabillou a todas cas cativas e cativos que poideron asistir ao espectáculo.
O show percorreu diferentes vilas, colexios, casas da cultura, teatros... e debido ao seu éxito pasa a formar parte dos espectáculos en cartel da compañía DINAMOteatro de maneira permanente, podendo contratalo en calquera época do ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario