Durante os pasados meses de febreiro a abril a equipa de DINAMO desenvolveu un Programa de Educación Vial para nenas e nenos de Educación Primaria.
Cada semana durante dúas horas as cativas e cativos familiarizáronse coas normas de circulación como peóns, as sinais de tráfico, as medidas de precaución. Todo isto cando van andando, en bicicleta, e tamén nos coches como pasaxeiras/os.
Estes contidos trabállanse dunha maneira moi lúdica e visual, para que supoña unha experiencia divertida e educativa para as nenas e nenos.
Un dos grandes obxectivos é formar cidadáns máis respectuosos coas normas de circulación, pero sobre todo ten unha intención directa e moi actual, protexer a vulnerabilidade das nenas e nenos, que sexan conscientes dos perigos existentes e que adquiran actitudes de prevención dende as idades máis temperás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario