O pasado 4 de novembro a equipa profesional de DINAMO levou a súa Caravana de Xogos Populares á X Foliada de Sada,que contou con actividades para todos os públicos, incluso cunha Foliadiñas para as máis cativas/os. Nenas/os e maiores xogaron nos máis de 30 módulos instalados con diferentes xogos populares e tradicionais. Sada é un dos concellos onde máis levamos a nosa Caravana de Xogos Tradicionais, pois é bastante usual que alí onde vai a "caravana" recunca.
O pasado 28 de outubro a equipa profesional de DINAMO organizou unha gran festa de Samaín para todas as alumnas/os do IES Rego da Trabe, promovida polo CIPAX do Concello de Culleredo. Durante toda unha mañá as mozas e mozos participaron en obradoiros de cócteles terroríficos, complementos de medo, cócteles sanguentos, fotocol de Samaín, coreografías de thriller, bailes, xogos, DJ... Foron todas elas actividades promovidas e organizadas polo Concello de Culleredo.
A equipa de traballo de DINAMO dinamizou diferentes actividades de Samaín en Rarís e Francos (Teo) o pasado 31 de Outubro. En Rarís, levamos a cabo una Festa Infantil de Samaín para máis de 100 nenas/os con música de Samaín, bailes e coreografías, xogos, maquillaxe de efectos, globoflexia... E en Francos levouse a cabo un Obradoiro de Maquillaxe de Efectos e un Obradoiro de Cabazas (ambos para adultos). Foron parte das actividades que o Concello de Teo organizou para que a veciñanza celebrase o Samaín.
O pasado 27 de outubro a equipa profesional de DINAMO xestionou as actividades lúdicas do Festival de Música Tradicional da Agrupación Ancoradoira. Pola mañá as pícaras e pícaros disfrutaron do espectáculo "Contos e Outras Andrómenas" a cargo de Pedro Brandariz, e pola tarde foi o turno da "Caravana dos Xogos Populares" que fixo participar a cativas/os e maiores a partes iguais. Ademáis tanto o festival infantil como o de adultos estiveron presentados polo cómico e actor Pedro Brandariz. Este tipo de actividades funcionan moi ben á hora de complementar eventos, programacións...