O pasado 14 de xullo celebrouse no Burgo (Culleredo) a Noite Branca do Comercio Local, organizada polo Concello de Culleredo en colaboración coa Asociación de Empresarios local.
Durante toda a tarde e noite programáronse actividades para pequeñas/os pola tarde e para o público xeral pola noite.
A equipa de DINAMO foi a encargada de coordinar e levar a cabo a programación nocturna coas seguintes actividades:
- Pasarúas Cabareteiro
- Espectáculo de Yolanda Paz & Sue Moreno
- Malabares con Isla Le Triska e Guille Porta
. Concerto do Grupo Contrabando
. Happy Hour nos comercios
- Postos de Flocos de Millo
- Servizo de Speaker
Unha programación escénica á altura de calquera festival, pero neste caso orientada a fomentar o comercio local.
No hay comentarios:
Publicar un comentario