domingo, 15 de noviembre de 2015

DINAMOteatro anima as rúas de Ponteceso no seu 22º Ciclo de Teatro

Todos os sábados do mes de Novembro celébrase no Concello de Ponteceso o seu Ciclo de Teatro, concretamente a súa edición número 22. 

Polas noites actuan grandes compañías escénicas galegas, pero polas mañás o teatro trasládase ás rúas da man da compañía DINAMOteatro, que realizar cada sábado unha animación teatral. Este ano a proposta é "Master Chof", onde as actrices e actores interactúan de maneira directa coas e cos viandantes, animando a toda as veciñas e veciños a que asistan ó Ciclo de Teatro.

Dende DINAMOteatro somos especialistas en animación de rúa. Se queres recibir a nosa proposta podes chamar ó 619.345.100 ou escribir a dinamo@dinamoxestion.com

Todas as fotos das Animación Teatrais nesta ligazón: 
MASTER CHOF. Animacións Teatrais en Ponteceso




No hay comentarios:

Publicar un comentario