O pasado luns 14 de setembro a equipa de DINAMO organizou unha Festa de Xogos Populares no Concello de Ponteceso, concretamente nas Festas da Barquiña.
Cativas/os e maiores poideron participar en máis de 20 xogos populares e tradicionais que ocuparaon a praza do recheo: zancos, tiralatas, metediscos, sogatira, pescabotellas, pescapeixes, ferradura, rá, sementar patacas, tartaruga...
"A Caravana dos Xogos" é un dos proxectos máis exitosos de DINAMO, pois xa percorreu gran parte da xeografía galega ofrecendo actividades para que participen pequenas/os e maiores, todas as idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario