O pasado 16 de maio a equipa de DINAMO desenvolveu un amplísimo programa de actividades para celebrar o Día dos Museos nas diferentes Casas Museo da cidade da Coruña.
A xornada comezou cunha "animación zanqueira" entre a Praza de Pontevedra e a Praza de España, que tiña como obxectivo dar a coñecer o programa de actividades.
Xa pola tarde ás 17:30 tivo lugar a actuación do Mago Charlangas na Casa Museo Picasso, ás 18:00 a "Caravana dos Xogos Populares" chegou ó entorno da Casa Museo de María Pita, e ás 19:30 foi o turno da actuación musical a cargo do Cé Orquesta Pantasma na Casa Museo Casares Quiroga.
Con estas actividades preténdese visibilizar ás Casas Museo da cidade e dinamizar estes espazos, así como achegalos ás cativas e cativos.
DINAMO xestiona dende hai dous anos as visitas e actividades das diferentes Casas Museos do Concello da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario