lunes, 7 de mayo de 2012

DINAMO desenvolve Obradoiros de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional en Santa Comba

Durante os meses de maio e xuño a equipa educativa de DINAMO desenvolverá no IES Terra do Xallas unha serie de obradoiros de Habilidades Sociais e Intelixencia Emocional con mozas e mozos da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria).

Durante catro sesións de traballo con cada grupo as e os participantes aprenderán as capacidades básicas para socializar, para integrarse nos seus grupos, para resolver os conflitos dunha maneira pacífica, e sobre todo descubrirán a necesidade de respectar os dereitos das demáis persoas así como facer valer os propios con actitudes asertivas e de escoita activa.

O proxecto está impulsado polo Concello de Santa Comba e coa colaboración co IES Terra do Xallas. E as actividades estarán dinamizadas por unha psicóloga especialista no eido da Intelixencia Emocional.

DINAMO leva a cabo múltiples programas educativos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Algúns deles versan sobre: igualdade de xénero, prevención de drogodependencias, educación sexual e afectiva ...



No hay comentarios:

Publicar un comentario