martes, 2 de agosto de 2011

Planeta Natura, un novo campamento de DINAMO

Dende hoxe, 2 de Agosto ata o día 13 deste mesmo mes a equipa educativa de DINAMO desenvolverá no Albergue Xuvenil de Gandarío un novo campamento de integración.

A actividade denomínase Planeta Natura pois este campamento terá como fío conductor o respecto e o coidado do medio ambiente da natureza. Quere dicir isto que moitas das actividades terán un carácter ambiental. As e os participantes descubrirán un incomparable marco natural como é o Albergue de Gandarío e a súa contorna: praias, espazos naturais, recursos patrimoniais … Pero todo cunha metodoloxía lúdica, participativa e divertida.

Ademais este é un novo campamento de integración, de integración real, pois das 30 mozas e mozos de 12 a 14 anos, 10 teñen algún tipo de discapacidade. Desta maneira as e os participantes descubren que as persoas somos diferentes pero temos dereito á igualdade de oportunidades. As experiencias precedentes dinnos que a convivencia é moi positiva e sobre todo moi didáctica.

Por último queremos comentar que Planeta Natura forma parte da Campaña de Verán da Xunta de Galicia.

Para máis información podedes chamar ó 647.488.688 ou escribir un correo electrónico a dinamo@dinamoxestion.com.


No hay comentarios:

Publicar un comentario