lunes, 31 de enero de 2011

Benvidas/os a unha nova xeira en DINAMO SL

Aínda que DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL xa comezou a súa andaina aló polo 2006 é agora cando iniciamos unha xeira virtual. Como podedes comprobar, dende hai unha semanas xa está dispoñoble a nova páxina web de DINAMO (podedes consultala en http://www.dinamoxestion.com/).

Pero ademais abrimos outra ferramenta de comunicación, outro instrumento para chegar a toda a comunidade DINAMO que formamos a equipa profesional, as e os clientes, e toda familia que temos espallada por aquí e por acolá.

Dende hoxe, queda aberta unha nova bitácora http://www.dinamoxestion.blogspot.com/ onde atoparedes todas as novidades referidas a todos os proxectos que van xurdindo da factoría DINAMO.

Será un espazo actualizado día a día, e sobre todo aberto á participación de todas e todos vós.

Concluindo: Benvidas e Benvidos


1 comentario: